Sunday 05 de May de 2024

As fogueiras e grelladas do San Xoán deberán contar cunha comunicación previa no Concello


• A alcaldesa emitiu hoxe un bando no que se regula a celebración nos espazos privados e nos locais de hostalería.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, emitiu hoxe un bando municipal polo que se regula a festividade do San Xoán e que obrigará a facer unha comunicación previa no Concello a aquelas persoas interesadas en facer unha fogueira en espazos privados así como aos locais de hostalería que desexen organizar unha grellada no San Xoán.

O prazo de presentación das solicitudes xa está aberto e rematará ás 14 horas do 21 de xuño. Aquelas persoas interesadas poden descargar os documentos na web e presentalos a través da sede electrónica ou de xeito presencial no Rexistro.

Ademais, o bando tamén incorpora outras medidas para favorecer a seguridade durante a noite do 23 de xuño como o cumprimento da normativa COVID e de incendios, o tamaño das fogueiras ou os materiais que non se poden botar ao lume.